O Concello compensa cortes de auga

 

Reclamación que queremos salientar que o Goberno Municipal asumiu como compromiso do concello: se compensará a toda a veciñanza afectada. Cúmprese deste xeito unha demanda popular e séntase un precedente importante para que no sucesivo a empresa e o Goberno atendan axeitadamente as súas obrigas na prestación deste servizo público básico.

 

“Imos agardar vixiantes a que os técnicos do concello formulen unha proposta de compensacións xusta para coas persoas afectadas polo caos dos cortes” subliñou na Comisión Yolanda Díaz. Non imos baixar a garda porque non aceptaremos componendas do Goberno coa empresa concesionaria que prexudiquen as persoas afectadas.

 

A nosa organización quere manifestar que continurá belixerante cunha fórmula de xestión, a privatización do servizo, que se revela deficiente para os intereses xerais das persoas, tanto na cuestión das tarifas canto na prestación do propio servizo. Adiantamos a nosa oposición a que a empresa concesionaria formule unha proposta de tarifas que as suba nun contexto marcado pola continuidade e extensión da crise.

Relacionados