EU entende indispensable que o concello de Ferrol se pronuncie con rotundidade acerca dunhas demandas que son sentidas de maneira case unánime como fundamentais e urxentes na súa consecución polo conxunto da nosa cidadanía. Demandas que exceden pola súa repercusión o propio ámbito do naval.
Yolanda Díaz, adianta o respaldo pleno de EU a esta nova mobilización e salienta o valor que ten neste intre manter a unidade social conquerida ao redor das demandas do sector naval público da nosa ría. A Voceira do Grupo reclámalle á alcaldía que cambie unha actitude marcada por deixar pasar o tempo a favor doutra que veña caracterizada pola belixerancia en defensa dos intereses xerais da cidade.
Esquerda Unida chama á cidadanía a participar de xeito masivo e unitario nunha mobilización que como en poucas ocasións enfronta un intre decisivo para o porvir dunha Ferrolterra que excede ás 20.000 persoas en paro (dado os moi restritivos criterios que se plican para contar como rexistrado no cada día máis privatizado servizo galego de emprego).