Esquerda Unida desenvolve unha batería de iniciativas plenarias en relación coa feira taurina, porque a cidadanía ten dereito a saber a realidade do acontecido coas touradas diante da opacidade do Concello.
Non debemos esquecer que o 73,2% da cidadanía coruñesa rexeita a participación do Concello da Coruña na organización de festexos taurinos, sexa de xeito directo a través de subsidios económicos ou de xeito indirecto coa adaptación e cesión de instalacións municipais. Este dato corresponde a unha enquisa independente elaborada en 2010, o único estudio de opinión local sobre as touradas feito na cidade e que dende logo non encargou o consistorio.
Se durante todo o mes de Agosto o goberno municipal se esforzou por publicar datos de asistencia da regata, tanto da batalla naval coma dos concertos das festas de María Pita, resulta paradoxo o mutismo selectivo do que fai gala co tema da feira taurina. Nin un só dato oficial para unha actividade na que dedicou esforzos e fondos para que se fixera realidade.
Para o Concello mutilar e segar a vida dun animal é pluralidade na programación, cuestión de gustos din. Con esta política demagóxica gobernan a cidade, tendo en conta que unha evidente maioría rexeita que esta actividade cruenta poida ter lugar na cidade e que exista apoio municipal á mesma, consideramos unha actitude pouco democrática a negativa do goberno municipal a convocar un referendo para que a cidadanía decida sobre o uso de cartos públicos en relación as tourdas, tal e como demandan os abolicionistas e apoiamos dende o noso grupo municipal.
O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes presentou dúas preguntas escritas e unha oral coa intención de que o goberno municipal non volva a subvencionar, aínda que de forma encuberta, ás touradas. As preguntas escritas son sobre a inclusión dos logotipos do Concello da Coruña e do IMCE nos cartaces publicitarios da feira taurina de 2012, e sobre o destino das invitacións de protocolo. Concretamente:
¿Por que o Concello da Coruña e o IMCE aparecen como ‘patrocinadores’ da feira taurina de 2012 se o equipo de goberno manifestou que non subsidiaría festexos taurinos?
¿Cal foi o destino e uso das invitacións de protocolo que recibiu o Concello da Coruña para a feira taurina de 2012?
¿A qué persoas e institucións convidou o Concello da Coruña a asistir a feira taurina de 2012 coas invitacións de protocolo?
Mentres que a pregunta oral para debater no Pleno é Cal foi a asistencia total e o número de entradas vendidas á feira taurina de 2012?
O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “con estas iniciativas quedará demostrou que o goberno municipal enganou a cidadanía afirmando reiteradamente que non financiaría ás touradas, algo que xa ven de confirmar a concelleira de cultura quen aceptou en días pasados a preguntas dos xornalistas que o Concello apoiou ás touradas.
César Santiso salientou que “despois destas iniciativas esperemos que quede claro que as touradas non se autofinancian como afirmou falazmente o goberno municipal e por tanto o ano que ven no se apoie con recursos públicos unha actividade cruel cos animais e rexeitada pola meirande parte dos coruñeses e coruñesas. Porque como se pode observa no contrato, este ten carácter anual e non bianual nun novo intento do goberno municipal de enganar a cidadanía coruñesa”.