O Concello é de todos e todas

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes ve nas ulitmas actuacións do Goberno coruñés unha clara intención de marxinar, ainda máis, á lingua galega na nosa cidade. Non debemos esquecer que esta xuntanza prodúcese días despois das desafortunadas declaracións en contra da nosa lingua verquidas pola tenente de alcalde Ana María Fernández Gómez, declaracións que en ningún momento retirou e que posteriormente foron apoaidas polo propio alcalde Carlos Negreira.

 

Esquerda Unida, coincide co Consello da Cultura Galega na necesidade de aplicar discriminación positiva coas legunas febles, como a galega, para eviar a súa paulatina desaparición.

 

O Goberno municipal non quiso facer declaracións sobre a xuntanza con Galicia Bilingue, afirmando que a xuntanza foi de carácter privado. Esquerda Unida considera moi grave o feito de que o concelleiro de educación utilice as instalacións do Concello para reunions privadas.

 

Neste sentido, o voceiro de EU-V, César Santiso, afirmou “gobernar un municipio significa un compromiso de servizo coa veciñanza, nunca unha posesión sobre os seus recursos, como si o concello fose teu, cando en realidade é de todos os coruñeses e coruñesas”.

Relacionados