Esquerda Unida xa adiantara no debate plenario de outubro a súa rotunda oposición a semellanate operación financeira por ser en termos xerais superflua.
A Voceira do Grupo, Yolanda Díaz, considera que esta operación é “superflua, onerosa e limitativa cara ao futuro nos eido dos investimentos, en resumo, semella un capricho do PP para xustificar os seus recortes e privatizacións dos servizos públicos.”
Na exposición de motivos o Grupo manifestou os diversos argumentos que xustifican a petición de non realización desta operación financeira:
– unha operación superflua, porque a Intervención do concello recoñece que a institución local esta saneada e conta cuns remanentes de tesourería que exceden os nove millóns de euros.
– Unha operación onerosa porque nos obriga a contraer un creto a devolver cos seus correspondentes intereses.
– Unha operación limitativa das capacidades investidoras do concello por canto este creto elevará ao 75% do permitido o endebedamento do concello.
Para concluír, atopámonos diante dunha operación que busca sementar na veciñanza a idea de bancarrota do concello, que lle procure unha coartada a política do PP de recortes e privatizacións.