O desencontro entre veciñanza e concello avala a necesidade de Orzamentos Participativos

 

A xuntanza serviu para evidenciar o desencontro entre o equipo de goberno municipal e a veciñanza do Castrillón, algo que se pode extrapolar a toda a cidadanía coruñesa que está a ver como concello lle da as costas, desenvolvendo actuacións sen contar coa súa opinión.

 

Así, mentres os representantes municipais presentaban un proxecto que conta con oito pistas de pádel e unha cancha de deportes con capacidade para 2000 persoas, os veciños denunciaban que eso non era o que querían, que no querían padél que querían piscina. 

 

Esquerda Unida entende que o rexeitamento da veciñanza ao proxecto do polideportivo do Castrillón, evidencia a imperiosa necesidade de desenvolver políticas participativas reais na Coruña, xa que logo, non se trata dun problema de dificultade de financiamento por mor da crise senón de vontade política para escoitar aos veciños e saber das súas necesidades. Nun barrio cunha elevada idade media, a maioría social non necesitan pistas de pádel nin unha cancha con aforo para 2000 persoas, senón que a principal necesidade en materia deportiva é a ximnasia de mantemento e a natación, como ben aconsellan os especialistas.

 

O coordinador comarcal de EU, César Santiso, afirmou que “os veciños piden piscina e o concello a cambio dálles oito pistas de pádel… Semella que faia o dialogo entre o Goberno coruñés e a cidadanía”.

 

César Santiso expresou a necesidade de articular unha democracia participativa na cidade coruñesa para que os investimentos en infraestructuras nos barrios sexan elixidos pola veciñanza que é quen máis coñecemento práctico ten sobre as necesidades do seu propio barrio, así as Asembleas de barrio terían a potestade de asignar democraticamente orzamentos as distintas actuacións dos seus barrios, segundo uns orzamentos xerais destinados a participación cidadá que define o Pleno do concello e distribúense segundo acorde o Consello de barrios formado por membros elixidos democraticamente en cada Comité de distrito.

 

 Finalmente, o consello comarcal de EU Coruña considera que o Goberno local, de novo,  incumpre unha promesa ao renunciar no proxecto do polideportivo do Castrillón á piscina prometida e tan esperada pola veciñanza do barrio.

Relacionados