O despilfarro do goberno

que xa obra en poder do Goberno Municipal,

froito do traballo realizado no anterior mandato municipal para conquerir a nova RPT ( relación de postos de traballo). Semella que como todo o que non decreta o PP, o realizado no anterior mandato municipal non vale. E gástanse cartos públicos, de todas e todos nós, para satisfacer o revanchismo do PP.

Javier Galán  sinala que o PP goberna con prepotencia e despilfarro, características que informan o seu quefacer para cos traballadores e a veciñanza así como na xestión dos cartos públicos respeitivamente. A  austeridade nola aplican a nós, eles van con outro plan: o de privatizar e entregar cartos a empresas privadas por traballas  xa feitos ou que poden realizar os empregados públicos.

Caso, por exemplo, da publicitada oficina de atención cidadá, elemento do que non se informa á representación sindical das traballadoras e traballadores do concello, para pola contra facer un mero exercicio de propaganda cara fóra. Non se prevé formar aos traballadores públicos, nin dotar do soporte dixital axeitado á oficina, nin abrir as portas á descentralización en Caranza e Serantes: eso si, xógase a enganar nos medios co fume da propaganda.  “A falla de participación cidadá, mentiras gubernamentais” , denuncia Javier Galán.

Esquerda Unida reclámalle ao goberno municipal que rectifique e deixe de gastar cartos públicos en cuestións superfluas, asemade de confiar nas capacidades das traballadoras e traballadores públicos deste concello.

 

Relacionados