O dique flotante no parlamento

 

EU as mantén para o debate plenario aínda que consciente da oposición do PP que as rexeitou en comisión. Cómpre aunar todas as forzas para que presionen sobre un PP que ameza de morte á principal industria da comarca e un sector clave da industria do país.

 

Javier Galán participará na marcha prevista para a vindeira semana de traballadoras e traballadores a Madrid para manter un encontro coa SEPI. Esquerda Unida vai estar ao carón da plantilla en todas e cada unha das súas mobilizacións, conscientes como somos da xustiza das súas reivindicacións e da súa importancia para vida xeral de Ferrolterra.

 

O edil de EU, membro do Consello Nacional de EU, reclama da alcaldía de Ferrol que “cumpra escrupulosamente con todose cada un dos puntos da declaración institucional aprobada no Pleno, forzando ao Goberno do Estado a comprometerse  coa construción do dique flotante e a consecución de nova carga de traballo”. Para a formación política de esquerdas e ecoloxista, Rey Varlea ten que decidir  se é o alcalde de todas e todos nós, defendendo os intereses xerais, ou fai de gardavías do PP, nesa estación morta onde o Goberno Rajoy ameaza con deixar os investimentos productivos para os estaleiros públicos. O alcalde ten que facer valer os intereses xerais e a súa condición de alcalde para derrotar a posición do seu propio partido en contra do dique.

 

A nosa organización entende necesario manter a unidade social acadada para que esta pese de xeito definitivo no ánimo do Goberno e este acceda a transaccionar as emendas presentadas por EU e outras forzas políticas de xeito que sexa posible evitar máis sangría de postos de traballo, cando xa vai un milleiro de despedimentos pola inacción dolosa do PP.

 

EU lembra que vén reclamando a dotación orzamentaria para o dique flotante  dende o proxecto de orzamentos do ano 2010, cando entón aínda gobernaba o PSOE. Podemos dicir con coherencia que esta demanda fíxose entón e mantense agora porque é necesaria e os gobernos que a neguen están a condear a esta cidade e a súa cidadanía.

 

A perentoriedade da demanda do dique interpela directamente a alcaldía de Ferrol, que ostenta o PP, e que non pode deixar pasar sen máis este agravio á nosa cidadanía traballadora. O dique flotante ten que ser, se hai dignidade e prima o interese xeral da nosa cidadanía, unha liña vermella para o quefacer de Rey Varela.

Relacionados