Fracaso do plan municipal para rehabilitar o poboado xitano das Rañas

 

A lectura do devandito informe non deixa lugar a dúbidas o concello abondou a súa sorte a 13 das 19 familias, que están a vivir en peor situación antes de que comezase a execución do proxecto en setembro de 2007.

 

Esquerda unida afirma que o fracaso do plan municipal para rehabilitar o poboado xitano das Rañas amosa, de novo, a incapacidade do Goberno local para cumprir coas súas promesas. Así, hai máis de tres anos o alcalde, Javier Losada, anunciaba a bombo e prato o plan municipal como un exemplo de compromiso coa vivenda e o emprego, con todo a realidade amosa que unha vez rematado o prazo de execución o ambicioso proxecto transformouse nunha nova chapuza as que xa nos ten acostumados este Goberno municipal, tan só 6 casas rematáronse e a recuperación dos espazos públicos nunca chegou a desenvolverse.

 

Con este tipo de actuacións, non é de estrañar que A Coruña sexa a cidade con maior poboación chabolista da Galiza cunhas 160 familias morando en infravivendas, como denuncia o Consello Comarcal de EU Coruña.

 

Por outra banda, o Coordinador Comarcal de EU, César Santiso, considera que a resposta da concelleira de Servizos Sociais, Silvia Longueira, ademais de ser inconsistente, baséase en meras desculpas diante do enorme fracaso do concello. semella incríbel pensar que en ningún momento desatendéronse ás familias, como asegura a concelleira, si logo de 3 anos tan so executáronse 6 das 19 casas proxectadas e ningunha das familias asinaran ningún tipo de contrato, recibindo tan so compromisos verbais.

 

Esquerda Unida considera que o abandono das familias por parte do Concello responde a que o Goberno municipal decatouse do erro cometido co dito proxecto, como denunciara no seu día EU, pois o poboado aséntase sobre chan rústico de especial protección no que é ilegal construír vivendas, asemade de estar cercado por infraestruturas, como xigantescas torretas de alta tensión, unha circunvalación, un enlace a un polígono ou a futura vía do AVE.

 

Relacionados