O Goberno atende as achegas de EU

 

Na exposición da devandita pregunta Esquerda Unida sinalou algúns casos que evidenciaron o estudo en profundade desenvolvido polo grupo municipal, como por exemplo as 53 contratacións para a limpeza de dependencias municipais por un importe superior aos catro millóns de euros, a subministración de gasóleo para as diferentes dependencias e servizos municipais por importe total de 182.000 € en tres contratacións ou o mantemento de extintores das diferentes dependencias municipais por máis de 13.000 €.

 

O Goberno municipal ven de anunciar que na última xunta de Goberno aprobou agrupar a limpeza do Palacio de María Pita, da Casa Paredes e do edificio económico administrativo da Franxa para aforrar cerca de 58.000 euros anuais.

 

O que ven a significar que o Goberno municipal atende as esixencias de Esquerda Unida agrupando contratos para aforrar cartos.

 

Aínda que consideramos que a medida é parcial e insuficiente, pois a nosa proposta e desenvolver un plan integral que permita coordinar as diferentes áreas de xestión a través dunha central de compras operativa que permita reducir custos e garante a máxima transparencia. O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes felicítase porque o Concello rectificase a errática política de fraccionamento de contratos de obras, servizos e subministración tal e como esixira nunha pregunta oral no último Pleno.

 

Neste sentido o voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “é para nos un motivo de satisfacción observar que o noso traballo redunda en beneficio directo para a cidadanía”.

Relacionados