logo eu ferrol.jpg - 1.91 Kb

Valoración do goberno municipal

 

 Non hai ningunha medida salientable que permita salvar un quefacer plano e obediente, sen máis norte que satisfacer as esixencias achegadas dun PP entregado ás esixencias do capital. Un ano perdido para atender as necesidades da nosa veciñanza.

 

Yolanda Díaz  cualifica de xeito sintético a laboura do PP como de “Destrucción e endebedamento como resumo do mal quefacer público dun Goberno inoperante e obediente”.  Este Goberno virou abaixo  sinais de identidade desta cidade como a Fábrica de Lapis ou desmontou os mecanismos de participación cidadá postos en marcha no mandato anterior, asemade de reducir a cese cero as políticas de igualdade, cunha concelleira que non tivo reparo en negar a necesidade e importancia do feminismo, como teoría e ferramenta de loita pola igualdade. Sen esquecer que equipamentos e inmobles cargados de historia, caso da casa de Carvalho Calero ou o Forno Bellón agradan a  ruína e especulación a pesares do seu significado e potencialidades.  Pola contra o goberno teima en enterrar cartos na praza de España, quizabes para coidar a ferida sentimental que lle lembra  a un partido que segue sen condenar o franquismo a retirada da estatua ecuestre do ditador.

 

Xa é tristemente significativo que este Goberno adoeza de actuación salientable algunha  nestes primeiros 12 meses. Se todos os pretendidos fitos son os enumerados nestes días polo Goberno ben se pode proceder a suspender a un Goberno que non é quen de construír nada novo e amósase estéril para defender sectores e problemáticas fundamentais para o futuro de Ferrol, caso do sector naval público , que  logo de 14 meses de mobilizacións e sen que a Xunta e o Estado poñan un peso neste orzamento, enfrontan un panorama gravísimo sen que alcaldía critique ou se plante diante dos seus correlixionarios no Ministerio.

 

Sen ánimo de sermos exhaustivos, este Goberno está a reducir, alén da propaganda, as partidas adicadas a atender as demandas sociais e aos diversos colectivos cuxa situación semella máis feble, casos de migrantes, políticas de igualdade, sociosanitarias… para regalar os cartos a entidades pantasmas, como é o caso da Rede Madre, entidade inexistente en Ferrol malia recibir cartos públicos municipais.

Este Goberno perdeu un ano sen formular unha proposta quen de resolver o progresivo deterioro material e social de Recimil.

Este Goberno perdeu un ano ao renunciar a desenvolver unha iniciativa para achegar Ferrol ao Eixe Atlántico, e nada sabemos da posibilidade e necesidade de retranquear a estación e superar a divisoria que as liñas férreas marcan nesa zona da cidade.

Este Goberno perdeu outro ano de retraso no saneamento da ría, que contempla na realidade fría do orzamento do Estado deste ano cantidades ridículas,  e que agora se achega un convenio que ten extremos e financiamento pendentes de clarexar.

Este Goberno perdeu un ano sen avanzar nada na conexión ferroviaria sustentable co porto exterior, que non comprometa o futuro da Malata.

Este Goberno perdeu outro ano sen abrir Ferrol o mar o avanzar na recuperación da baixa da cidade, co derrubo da nave do mercado ou a consolidación e comezo da rehabilitación da Costa de Mella.

 

Este Goberno conqueriu un rexeitamento case universal en materia de non-política cultural, segundo se deprende dun quefacer que vén de ser analisado críticamente polas máis das entidades culturais da cidade.

 

Esquerda Unida realizará nestes días unha comparecencia pública para abondar na situación de excepcionalidade que atravesa a cidade e a parálise que afecta ao PP nos grandes temas da mesma. Situación á que hai que poñerlle remedio cunha actitude outra: reivindicativa e con novas ideas.

Relacionados