O Goberno derroga o despedimento por baixa médica, un dos aspectos máis lesivos da reforma laboral feita polo PP

Esta semana o Goberno vén de derrogar o despedimento por baixa médica, un dos aspectos máis lesivos da reforma laboral do PP e un xesto moi necesario que reflicte que o noso país respecta ás súas traballadoras e traballadores.

Derrogar o artigo 52.D do Estatuto dos Traballadores foi fundamental xa que permitía o despedimento obxectivo por enfermar. A supresión deste precepto, impulsado desde o Ministerio de Traballo e Economía Social, responde á necesidade de garantir xuridicamente os dereitos fundamentais das persoas traballadoras, especialmente as que padecen algunha discapacidade, sofren enfermidades crónicas ou de longa duración ou que se dedican ao coidado de persoas dependentes, que son, na súa maioría, mulleres.

“A partir de hoxe, a ninguén se lle vai a despedir por unha baixa médica xustificada. O traballo decente é un mandato internacional”, recalcou a ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, que engadiu que “deste xeito, impedimos que as máis vulnerables sexan despedidas cando deben ser, especialmente, protexidas”.

O Real Decreto Lei, aprobado hoxe, cumpre ademais coas directrices do Tribunal de Xustiza da Unión Europea, que na sentenza do 18 de xaneiro de 2018 xa advertira a España de que a aplicación desta modalidade de despedimento obxectivo, por faltas de asistencia justificadas, ía en contra da Directiva 2000/78, que prohibe a discriminación por razón de discapacidade.

Tal e como explicou Yolanda Díaz: “Con esta derrogación estamos a reparar unha anomalía do noso país con respecto aos países da nosa contorna”.

Ver a rolda de prensa de Yolanda Díaz en:

Relacionados