O Goberno local impide a comisión de investigación no caso Relámpago

 

 

O Concello argumentou que os terreos adquiríanse por un contrato de compravenda no canto de por expropiación, con todo, a recente sentencia emitida polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na que se obriga ao Concello da Coruña a pagar máis de oito millóns de euros en concepto de indemnización pon en evidencia a política municipal del “todo vale”en materia urbanística.

 

O Grupo Municipal do PP, nun acto de hipocrésia e electoralismo pois non se opoñerán no seu momento a devandita reclasificación, demandou no pleno extraordinario de onte a constitución dunha comisión de investigación.

 

Esquerda Unida, que sempre se manifesta a prol da transparencia na xestión pública xa se ten pronunciado en varias ocasións a favor da creación da comisión de investigación para que se depuren responsabilidades e se aumente a transparencia da xestión municipal pois os coruñeses e coruñesas temos dereito a saber como se gasta, ou malgastan, os nosos cartos.

 

O Consello Comarcal de EU Coruña lamenta o rexeitamento do Concello da Coruña á creación da comisión de investigación en relación coa reclasificación dos terreos de Someso. No que considera unha postura escurantista do Goberno municipal, que contou cos votos dos Grupos Municipais do PSOE e BNG.

 

Para Esquerda Unida as explicacións dadas pola concelleira de urbanismo Obdulia Taboadela son inaceptábeis, pois non se pode defender unha actuación, canto menos irregular, en base a “o concello actuou en todo momento na defensa da cidade”, algo que non se pon en dúbida a nosa organización, pero non cabe dúbida eso non é un motivo defendíbel para saltarse a legalidade vixente para producir plusvalías de ata o 2.300%. Nin moito menos acolléndose ao dito popular “mal de moitos…” pois a concelleira tamén defendeu a actuación do concello en base a recordar que hai outros moitos procesos similares que están a ser revisados pola xustiza. Tampouco semella serio utilizar o pueril argumento do “e ti máis” como fixo a responsable de urbanismo cintado casos similares nos que se atopa involucrada a Xunta do PP.

 

Asemade, EU considera inxustificábel a postura do alcalde, responsable de Urbanismo cando a reclasificación, que nin tan sequera tivo a decencia de comparecer e dar as explicacións necesarias no pleno extraordinario desenvolvido onte.

 

Por outra banda, O Consello Comarcal de EU Coruña considera incoherente, escurantista e covarde a postura do BNG que votou en contra da creación da comisión agora que forma parte do Goberno local, mentres cando estaba na oposición denunciou e rexeitou a devandita reclasificación.

Relacionados