O goberno municipal desoe a petición dos grupos municipais

 

O goberno municipal aínda esta a tempo, ou ben pola vía de urxencia ou ben porque na mesma comisión facilita a documentación requerida a atender a petición realizada por 5 concelleiros dos 7 con que conta a comisión de urbanismo, é dicir todos menos os dous representantes do grupo de goberno.

 

Esiximos ó goberno municipal unha rectificación da súa decisión de non informar ós grupos municipais firmantes da petición é polo tanto a incluir na orde do día o solicitado por nós, de non ser así fartos xa de esperar, os grupos municipais consensuamos no día de hoxe que novas medidas imos  adoptar para axilizar o que está parado dende o ano 2005 polo goberno municipal e activado novamente polos grupos municipais que non conformamos o goberno despois da pasividade do mesmo.Pasividade que non chegamos a comprender, salvo que se nos explique en comisión de urbanismo.

 

Esta situación provocada polo goberno municipal de non cambiar o rumbo terá resultado noutras áreas de goberno e intereses dos veciños que non son atendidos polo mesmo pese as reiteradas peticións de diversos grupos municipais e que afectan gravemente ós/as veciños/as de Mugardos.

Relacionados