As catro traballadoras (2 en fin de semana e 2 en horario habitual) de Axuda no Fogar contratadas polo concello de Mugardos, coa aportación económica da Xunta de Galicia e do Ministerio remataban o seu contrato faí meses, a non aprobación das bases por parte do concello para cubrir as vacantes que se ían producir provocou unha prórroga do seu contrato.O contrato se prorrogou pero a día de hoxe, xa recibiron a comunicación de que o seu contrato non ía ser renovado.
A incapacidade do goberno reside en que dende faí bastantes meses, xa sabían que o contrato finalizaba, gañaron tempo prorrogando o contrato e agora sin capacidade para máis prorrogas nos atopamos con que as bases acaban de ser definitivamente aprobadas e polo tanto estamos ó inicio do proceso.
Dende o grupo municipal de EU-IU demandamos do goberno municipal que articule as medidas necesarias para que os dependentes poidan recibir a atención recoñecida e que se lle viña prestando ata o día de hoxe, dado os graves perxuicios que causaría ás familias e ós propios dependentes suspender o servicio por unha causa única e exclusivamente achacable ó grupo de goberno.
De igual forma demandamos que o servicio que presta o concello, financiado pola xunta e polo estado cumpla as horas establecidas no recoñecemento de dependencia e non nós encontremos como pasa agora que persoas que teñen recoñecidas 70h. de atención so reciben 50. Esto é un incumplimento dos dereitos dos dependentes por parte do concello, lle recordamos ó goberno municipal que dende a vixencia da lei de dependencia o aforro que está a realizar o concello na aportación económica para o servicio de axuda a domicilio é moi considerable. E lle recordamos que o paro en Mugardos é moi importante, polo tanto contrate máis persoal e de o servicio que lle financian, tanto a Xunta de Galicia como o Ministerio.
Por último, queremos facer un chamamento ás persoas dependentes recoñecidas a que reclamen os servicios concedidos pola Xunta a quen esta encargado de prestalos que non é nin máis nin menos que o Concello.Dende EU-IU lles comunicamos que estamos abertos a recibir as súas demandas para trasladalas ó goberno municipal e á Xunta de Galicia.