O Grupo Confederal presenta no Congreso unha Proposición de Lei para garantir pensións dignas

Ter unha pensión digna neste país pode ser posible. E así o demostrou esta mañá o Grupo Parlamentario Unidos Podemos – En Comú Podem – En Marea. Yolanda Díaz, deputada de En Marea, arrancou a rolda destacando que, “derrogar os aspectos máis regresivos das dúas últimas grandes reformas do sistema de pensións e da Seguridade Social” -a aprobada polo Goberno do PP en 2013 pero tamén a aprobada polo PSOE en 2011- e “introducir melloras na regulación do sistema de pensións” debe ser a clave desta Proposición de Lei, que ten como obxectivo garantir a viabilidade do sistema público da Seguridade Social a través do aumento dos ingresos, sen disminuir os investimentos.

A Proposición de Lei do Grupo Confederal non se limita unicamente a volver á situación interior ás reformas de 2011 e 2013, senón que introduce importantes novidades que contribuirán a mellorar, tanto as condicións de acceso ás pensións como as súas contías, cumprindo así o mandato constitucional de garantir pensións dignas. Ademáis, representa unha firme aposta polo sistema público da Seguridade Social a través dun aumento dos ingresos.

Os puntos principais da Proposición de Lei do Grupo Confederal son:

-Fixar a idade ordinaria de xubilación nos 65 anos. (Ademais, introdúcese unha medida nova e inédita no noso ordenamento: a partir dos 61 anos, aquelas persoas que alcancen os 35 anos cotizados poderán xubilarse cando o desexen sen penalización de ningún tipo).
-Cálculo da base reguladora: a persoa pensionista podréra elixir a base reguladora de entre os 240 mellores meses ao longo da súa vida.
-Subida da cuantía das pensións mínimas.
-Supresión do factor de sostenibilidade e revalorización anual das pensións en función do IPC previsto.
-Melloras na financiación do sistema de Seguridade Social.
-Réxime especial do mar: establecer coeficientes en función do traballo realizado, a súa penosidade e a duración do tempo pasado lonxe da casa, (en lugar da tonelaxe do buque e o largo da eslora).

 

Ver dende aquí a rolda de prensa íntegra de presentación

 

Relacionados