O modelo actual da FP

Podería e debería mellorarse, pero desde a base existente e non inventar modelos que xa están cuestionados e que, desde logo, non se corresponden co tecido empresarial existente no país.

O modelo da FP dual decretado por Wert, leva o selo da ineficacia e incompetencia. O que compría facer era diversificar e flexibilizar a oferta e incrementar o número de prazas dispoñibles, tanto para a mocidade como para adultos. Isto é manifesto, por exemplo, na escasa oferta de Ciclos de Grao medio, que impide que un número non cuantificado de alumnos e alumnas non poidan sequera iniciar os seus estudos.

O fundamental, polo tanto, semellan: a) o aumento de investimentos desde o goberno; b) unha revisión contínua dos contidos da FP para implantar novos ciclos pensando en como queremos diversificar o tecido produtivo e en como queremos saír da situación de crise actual.

Os datos son elocuentes e o tecido empresarial non está en condicións de ofrecer a infraestrutura formativa que precisa a FP Dual decretada: as pequenas e medianas empresas no estado conforman o 92,7% e o 85% delas só ten como máximo dous traballadores. Ademais, precisa de moito esforzo económico en recursos humanos e materiais.

En Alemaña invístense 30 billóns ao ano en FP, sendo o promedio de custo anual para a formación profesional dun aprendiz duns 18.000 euros, mentres que en España os gastos do 2007 por alumno e alumna foron de 7.939 euros.

A realidade, polo tanto, impídenos considerar que os desexos reais do PP sexan mellorar a FP. No fondo, o que quere o PP é seguir desregularizando a formación profesional e aumentar os recortes en materia de profesorado, instalacións e en compoñentes, materiais e equipos que se suprimirían dos centros de ensino xa que sería na empresa onde se realizan as “prácticas”. E, baixo este enfoque, quedaría clara a absoluta subordinación de calquera tipo de planificación educativa profesional segundo as necesidades directas das empresas dominantes da súa conxuntura económica.

Temémonos desde Esquerda Unida que Wertz decreta que o alumnado de FP se convirta en man de obra barata para as empresas, onde os “aprendices” rematen por desenvolver o traballo que precisaría da contratación de traballadores e traballadoras.

“Antes de decretar, cómpre dialogar coa comunidade educativa e os axentes sociais implicados” declara Xabier Ron, responsable da secretaría de movementos sociais de Esquerda Unida e deputado de AGE,. Sabermos das necesidades e implementar as políticas económicas necesarias para levalas a cabo. Pero, tal como vimos ao longo destes meses, o ministro Wert ignora como se levan a cabo estas prácticas democráticas e decreta ineficacia e incompetencia para seguir degradando o ensino público en todas as súas variables e sometelo ao lucro do sector privado.

 

Relacionados