O naval se afunde, Feijóo non actúa

AGE esixe ao señor Núñez que exerza dunha vez de presidente e presione para que Rajoy negocie o futuro do naval na Unión Europea.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2013.- A viceportavoz de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), Yolanda Díaz, denuncia a complicidade dos gobernos do Estado co desmantelamento do sector naval a mans de poderes que non responden á soberanía popular situados na Unión Europea. “Non pode ser que o señor Núñez siga a se agochar”, afirma Díaz, “debe exercer de presidente de Galicia e negociar directamente con Rajoy para que este presione á Unión Europea e garanta o futuro do sector”. O comisario europeo da Competencia, Joaquín Almunia, membro do PSOE, anunciou hoxe que a devolución das falsamente denominadas “axudas” do tax lease é irreversíbel.

 

“Non podemos consentir este novo golpe aos estaleiros”, di a viceportavoz de AGE, “dado coa complicidade do Partido Popular, maioritario na Comisión Europea”. Os sindicatos de clase chaman esta tarde –ás oito do serán en Vigo- a se manifestar polo futuro do sector naval, un ámbito produtivo que Alternativa considera fundamental para Galicia.

Relacionados