O parlamento de Pilar

Con estas actitudes propias da longa noite de pedra da ditadura franquista, o PP remarca o carácter fascista herdado dos seus predecesores.

A executiva nacional de Esquerda Unida considera que agredir á cidadanía que quere expresarse libremente contra as políticas opresoras é inadmisible para un goberno que di representar a maioría da cidadanía. A maioría social deste país está a ver como o PP aplica a súa “democracia” en beneficio dos mercados e en detrimento dos dereitos laborais e sociais, que hoxe se viron representados á porta do Parlamento de Galicia entre outros, polas traballadoras e traballadores de Navantia, e en defensa dunha Universidade pública e de calidade.

“O PP non representa á cidadanía e esquece que os que están fóra son os mesmos que elexiron aos que están dentro, todos somos traballadores” sentenza Yolanda Díaz, coodinadora nacional de Esquerda Unida. A acción preventiva orquestada por Pilar Rojo de prohibir a entrada a persoas por consideralas “perigosas”, demostra que este sistema non desexa gobernar para a cidadanía.

Por iso Esquerda Unida seguirá apoiando as mobilizacións e loitando para facer efectivo o  soterramento deste sistema putrefacto que priva á cidadanía dos seus dereitos.

Relacionados