O paro crece desproporcionadamente no sector servizos

 

Esquerda unida alerta que o desemprego na cidade da Coruña no sector servizos increméntase moi por riba do resto dos sectores, mentres o goberno local permanece inactivo. Así, mentres o paro no sector da industria crece un 1,76 % e na construcción un 2,16%. No sector de meirande importancia na nosa cidade, o de servizos, crece un 2,71%, e dicir un 54% respecto de industria e un 25% respecto construcción.

 

O consello comarcal de EU Coruña considera que o desmesurado incremento do paro no sector servizos pon en valor a proposta de Esquerda Unida para a creación dun Servizo Integral de Apio Municipal a Emprendedores (SIAME), consistente en cubrir as necesidades básicas as que se enfronta unha empresa de nova creación, como acceso a oficinas administrativas de uso compartido, comunicacións, loxística administrativa ou servizos administrativos, contables e tributarios. Así, mediante unha taxa, fomentaríase a creación de novas empresas viábeis e xeradoras de emprego, que por falta de capacidade económica os emprendedores son incapaces de constituír.

 

O devandito servizo estará dispoñíbel para cooperativas, PEMES e autónomos que cumpran unha serie de requisitos básicos, como un estudo de viabilidade económica, a creación de emprego estábel e de calidade, ou a redución da dependencia do petróleo na súa actividade económica, para que o tecido coruñés este en mellores condicións para afrontar a crise enerxética en cernes derivada do cénit do petróleo, algo do que o Goberno local non está nin a valorar nas súas actuacións. A dita proposta melloraría o desenvolvemento económico da cidade e por conseguinte, aínda que non sexa unha tarefa propia dos concellos, fomentarían a creación de emprego a través da oferta de servizos básicos de xestión para PEMES e autónomos, os verdadeiros motores da nosa economía local e xeradores do 80% do emprego.

 

O coordinador comarcal de EU, César Santiso, considera fundamental que o concello desenvolva políticas que favorezan a reactivación económica da cidade e promovan o cambio de modelo produtivo local cara uno menos dependente do petróleo.

Relacionados