O pequeno comercio coruñés

Fronte esta situación o consumo descende e o tecido produtivo estase a afundir, principalmente o sector do pequeno comercio, que na Coruña está a sufrir de maneira especial. S si isto fora pouco, o goberno central do PP ven de aplicar unhas medidas que provocarán unha forte recesión económica, levando a ruína ao país e xerando desemprego. Así as ditas medidas teñen o consentimento e o aplauso do goberno local quen votou expresamente en contra dunha moción presentada por EU-V para solicitar a retirada destas demoledoras medidas.

Diante da grave situación o grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes esixe ao goberno municipal que avalíe o impacto que producirá sobre o comercio coruñés as medidas de recorte impostas polo goberno central do PP. Porque subir o IVE e retirar a paga do Nadal dos empregados e empregadas públicas retrotaera o consumo o que terá un efecto demoledor sobre o comercio en particular e sobre a economía e xeral, ao retraer o consumo, o que de facto supón o fin de multitude de pequenos e perda de centos de postos de traballo na nosa cidade e miles no conxunto do Estado.

Esquerda Unida propón que o Concello desenvolva un plan de axuda do pequeno comercio baseado na dinamización da vida de barrio unha vez que se dispoñan dos datos, para poder desenvolver unha actuación eficaz. Porque a situación na Coruña é insoportábel para os pequenos comerciantes

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “a dramática situación do pequeno comercio coruñés ten dous culpábeis claros o PSOE que fomentou a proliferación de grandes superficies cedendo ás presións dos especuladores e o PP que con a suba do IVE e a retirada da paga extra dos empregados públicos, condena a ruína ao comercio, parte vital do tecido produtivo coruñés”.

César Santiso explicou que co beneplácito das administracións, central e autonómica, os especuladores dedicáronse a captar financiamento a baixo xuro procedente dos países do norte de Europa para investir en negocios inmobiliarios, así comezou o desmantelamento do comercio coruñés, pois os distintos gobernos PSOE, para favorecer aos especuladores, favoreceron a proliferación de grandes superficies comerciais, até o punto de que Coruña é unha das cidades con maior densidade de este tipo de negocios. Esta situación provocou o asentamento de grandes cadeas internacionais de tendas que exercen unha competencia desleal sobre o noso tradicional comercio, aquel que sempre caracterizou a nosa cidade, provocando o seu paulatino peche.

A devandita situación, da que é culpábel o PSOE, ten un efecto demoledor sobre a nosa economía local pois estas empresas externas actúan de chupón dos nosos aforros, é dicir, recollen os cartos dos coruñeses e coruñesas cando estes fan as súas compras pero non o reverten na nosa cidade, senón que escapa cara os seus centros de decisión fora de Galiza e en moitas ocasión fora do Estado. Xusto o contrario que acontece co pequeno comercio que ao reverter as ganancias na cidade actúan como un estimulante da economía local.

 

Relacionados