O perigro de Reganosa ao Congreso

 

Planta na que nestes días vence de realizar descargas e cargas por parte dun gaseiro en tránsito, nunha fórmula operativa que semella ilóxica e preñada de máis riscos e custos para a nosa ciadanía.

 

A iniciativa parlamentar reclama do Ministerio unha serie de aclaracións encol dunha actuación que non aparenta ter razón produtiva alguna, como no caso do gaseiro que en tránsito a outro destino descargou a súa perigosa carga na planta para volvela a cargar 3 días após.

 

EU quere facer eco das preocupacións que nas máis de 60 entidades que loitan pola seguridade da veciñanza e polo porvir da nosa ría enfrontándose as ilegalidades e aventureiras operación de Reganosa, amparadas nas mil complicidades cos poderes políticos dos tres partidos do Hórreo. Froito delo, José Luis Centella pregúntalle ao Goberno que motivos teñen esas descargas e cargas do mesmo material, para clarexar as intencións que latexan tras unha práctica que somentes multiplica os riscos e custos engadidos para anosa cidadanía.

 

O deputado que representa a EU no Congreso tamén reclama unha serie de documentos públicos que o Goberno e a Autoridade Portuaria negan ás entidades que loitan na defensa da nosa veciñanza. En concreto requírese as copias do acordó que modifica as normas portuarias para as operacións que atinxen aos gaseiros, acordos de novembro de 2011 e dos estudos do CEDEX e Instituto Deltares que presuntamente o avalan.

 

Esquerda Unida vai manter aberto esta fronte de lota cidadá nas institucións onde teña representación, no convencemento de que máis temprano que tarde a xustiza dará razón  desta loita e clausurará un estabelecemento que nos ameaza de cote e que aberto deshonra a dignidade dos poderes públicos, que lonxe de velar polo ineterse xeral se axeonllan perante os intereses económicos privados.

Relacionados