O PP actuando ao revés

Xa comezan a aparecer informes de organismos oficiais alertando do da inminencia e gravidade do Peak Oil; o FMI prevé un descenso na produción de máis do 7% no 2035, mentres que a demanda increméntase exponencialmente, a Axencia Internacional da Enerxía (AIE) alertou sobre a insustentabilidade do modelo enerxético actual e fixo un chamamento aos Gobernos para que utilicen mellor os recursos enerxéticos. Afirmando incluso que  acurto prazo o petróleo podería incrementarse cerca dun 50%.

Esquerda Unida afirma que a solicitude de préstamo de 11,45 millóns corrobora que o goberno municipal fai xusto o contrario ao necesario para afrontar a crise. Os propios orzamentos xa constituían unha oda a falta de percepción da realidade e a incapacidade para albiscar o novo horizonte de escaseza de petróleo e de declive económico, basta con observar como asignábanse para festexos, 4,6 millóns ao IMCE ou 3 ao Consorcio da música, mentres que para apoiar aos emprendedores só se destinaban 180.000 euros. Mais o endebedamento ao que nos ven de someter a xunta de goberno na súa sesión extraordinaria do pasado día 15 supón un auténtico esperpento, un exemplo de miopía política e unha falta de reflexos sen parangón. Nun contexto de crise como é o actual, resulta inadmisible un endebedamento para tapar buracos de  maneira improdutiva, sen contribuír ao crecemento sen xerar riqueza sen promover o cambio do modelo produtivo nin incrementar a resilencia enerxética da cidade, en definitiva un novo lastre para a economía local que non achegaran ningún retorno ao concello.

Mentres o grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes aposta por revisar os orzamentos e o nivel de endebedamento do concello en clave realista o goberno local hipoteca aos coruñeses durante 12 anos en proxectos insustentables, un préstamo destinado maioritariamente a actuacións baseadas no ladrillo e formigón como a modernización de espazos públicos, cando veciñanza e grupos ecoloxistas están a denunciar actuacións indiscriminadas e tala de árbores, o plan director de murallas ou o soterramento do tráfico do Parrote, unha actuación que ademais de innecesaria candeará á cidade a incrementar o custe enerxético derivado das bombas de achique de auga que terán que funcionar as 24 h. como xa acontece nalgúns aparcamentos soterrados.

César Santiso, indicou que “nun contexto de reestruturación económica xeral e crise enerxética, debe haber un cambio revolucionario no modo de entender as contas públicas, semella necesario replantexar todos os gastos do Concello excepto os relacionados cos servizos á cidadanía e a reactivación económica. Así os gastos deben someterse a unha comisión enerxética para evitar actuacións que leven a ruína a cidade e a pobreza aos coruñeses. Da mesma maneira que se someten todas as propostas municipais a análises económicas, xurídicas e aos informes da intervención antes de presentalas ao pleno, esta comisión analizará a racionalidade enerxética de calquera proposta plenaria á luz do teito do petróleo para evitar medidas que choquen coa realidade enerxética.

 

Relacionados