O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes levou a sede plenaria as gravacións sobre a corrupción do executivo negreira coa intención de que consten en acta, non so para que as coñeza o alcalde, senón para que a cidadanía se decate do nivel de corrupción acadado polo PP coruñés en tan só tres anos. Diñeiro negro, facturas falsas, amaño de contratos e enchufismo, todas estas prácticas corruptas quedan agora para os anais da historia no acta da sesión plenaria, para que nunca máis se repitan no concello da Coruña.
Diante dunhas gravacións que non deixan ningún espazo para a dúbida, o voceiro do goberno municipal escapou do pleno e o alcalde as interrompeu constantemente porque se avergoñan de escoitar a súa propia voz. De feito o nerviosismo amosado durante o pleno vén a demostrar a certeza das súas inmorais prácticas, independentemente do que ditamine a xustiza, a súa incapacitacion para a vida pública está máis que demostrada. A veciñanza que confiou en Negreira fai tres anos síntese defraudada, cada vez son máis os coruñeses e coruñesas que retiran a súa confianza e o seu apoio ao PP coruñés. Tal é así, que a día de hoxe as enquisas amosan que o PP perde o mandato na cidade.
Esquerda Unida esixe ao goberno municipal que deixe de amedrentar á xuíza da Pikachu, Pilar de Lara. Tal é o desquicie do goberno municipal que o concelleiro escollido por Negreira para responder as preguntas de EU que ían dirixidas ao alcalde, Miguel Lorenzo, afirmou en sede plenaria que “a democracia non pode estar secuestrada por un xuíz”, esquecendo que un dos alicerces do estado de dereito é a división de poderes. Esta grave acusación, realizada ademais por un coñecido avogado coruñés, non so desvela o desdén do PP pola legalidade, senón a desfachatez e hipocrisía dos populares, porque precisamente é o PP quen ten secuestrada a democracia: primeiro por delegar a soberanía popular na Troika, segundo por incumprir reiteradamente o seu programa electoral, terceiro por adulterar as eleccións coa suposta trama de financiamento ilegal e cuarto por ser coparticipes xunto co PSOE do reformazo da constitución para antepoñer os intereses dos banqueiros aos das persoas.
O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “apesares das técnicas mafiosas do PP contra a xustiza, venceremos. Atacan a xuíza e aos que queremos limpeza, ética e transparencia. Durante o pleno o alcalde intentou silenciarme, o mentireiro insultoume e incluso ameazáronme. Pero non me van falar calar, non escatimarei un so esforzo en facer que os culpables paguen”.
Cesar Santiso subliñou “na política española do bipartidismo nunca houbo xustiza, estamos dispostos a cambialo”.