O PP e o medio ambiente

 

 

O cabeza de lista as eleccións munipais Xosé Henrique González Lago califica as declaracións e visita a Xinzo do Conselleiro de Medio Ambiente do PP como unha auténtica burla a cidadanía.

 

Logo de 8 anos de goberno de Salvador González Solla, durante os cales o alcalde sempre tentou quitar importancia á gravidade dos vertidos ao Tea, veñen a recoñecer as revindicacions feitas por ESQUERDA UNIDA durante os últimos anos.

 

No ano 2008, cando a Confederación Hidrográfica sancionou con 15.000 euros ao Concello de Ponteareas por novena vez a causa do mesmo vertido na Moscadeira, tivo a ocurrencia de decir que non era unha nova sanción se non que era unha “multa períodica”.

 

Agora o PP coa premura das eleccións municipais volve a prometer aos veciños unha serie de obras que xa deberían estar rematadas segundo o seu último programa electoral.

Non é de extranar que estas promesas electoralistas, coinciden en parroquias consideradas como os caladeiros de votos do PP, ignorando as outras mais pequenas.

 

Para González Lago estas novas promesas do PP, serán irrealizables, tal como eles recoñecen nas súas declaracions, xa que en Ponteareas o primeiro que se necesita e o novo PXOM, para poder planificar o futuro urbanismo de Ponteareas, levamos oito anos esperando por el, e gastados mais de 600.000 euros en estudios e proxectos.

 

Recoñecen verteduras de augas limpas aos sumidoiro, algo do que o PP e o único responsabel durante os últimos 30 anos, por permitir o aquí vale todo e construír en calquera sitio.

Para Esquerda Unida invertir no saneamento polo rural sen antes ter clarificado o PXOM e sen ter unha nova ubicacion para a depuradora e coma tirar os cartos públicos o lume. De nada vale que a os veciños lle poñan as novas tuberias, diante das casas, para que logo os residuos vaian directamente ao río. Tal como recoñecen nas súas declaracións, a actual depuradora de augas residuais non dá para máis e de cando en cando se producen “alivios”, que é como lle chaman eles eufemísticamente a cando a depuradora se satura e teñen que deixar sair toda a merda sen depurar directamente ao rio.

 

En definitiva nada novo. O PP volve a presentar para a conquista da alcaldía ao mesmo político profesional que tivo paralizado o concello durante oito anos. Algo que os veciños deberían reflexionar profundamente.

Relacionados