Coa aprobación de esta lei produciuse un histórico avance na equiparación legal dun colectivo que foi esquecido e discriminado o longo do tempo. A aprobación do dereito o matrimonio para parellas compostas por persoas do mesmo sexo supuxo un avance democrático que amplía a protección legal de esta realidade familiar, tanto ás parellas como ós seus fillos e fillas, e supón, tras décadas de invisibilidade e marxinación, un recoñecemento da súa dignidade nunha sociedade avanzada, plural e diversa. Este feito debe producir satisfacción non só no colectivo afectado, senón tamén no conxunto da cidadanía na medida en que supón unha ampliación de dereitos e liberdades.
A igualdade de un colectivo ten que ser completa, o polo contrario, non o é. Por esta razón é vital respectar a liberdade de gais, lesbianas y bisexuais para elixir, no caso de querer afianzar a súa unión dende o punto de vista legal, entre un enlace en matrimonio o por unha unión de parella de feito; so así a unión de estas persoas se producirá en igualdade de condicións co resto da cidadanía.
O 30 de setembro de 2005 o Partido Popular interpuxo un recurso de inconstitucionalidade que cuestiona o recoñecemento do dereito o matrimonio entre persoas do mesmo sexo, opoñéndose deste modo a igualdade de facto no acceso o matrimonio e as consecuencias legais que elo supón para as persoas gais, lesbianas e bisexuais. A presentación de ese recurso supuxo unha ameaza desde entonces para todas aquelas persoas que aspiran a vivir en igualdade, e especialmente, para miles de familias compostas por gais, lesbianas e bisexuais, cos seus respectivos fillos e fillas, que levan seis anos pendentes de unha sentenza que resolva definitivamente un recurso que só persigue anular a extensión de dereitos e liberdades, que non prexudica a ninguén e sí implica dignidade e felicidade para moitas familias.
Esquerda Unida rexeita o recurso contra o recoñecemento ao dereito o matrimonio de parellas do mesmo sexo e por iso presentou unha moción para que o Pleno do Concello da Coruña acordara dirixirse ao Presidente nacional do Partido Popular, Don Mariano Rajoy Brey, instándoo a retirar o recurso de inconstitucionalidade que cuestiona o dereito o matrimonio entre persoas do mesmo sexo que presentou ante o Tribunal Constitucional.
A resposta do Goberno municipal foi rexeitar a moción de apoio ao matrimonio entre persoas do mesmo sexo, votando en contra da procedencia do seu debate no Pleno. Actitude habitual do Goberno do PP cando toca debater algun tema que lles incordia, rachando así a promesa electoral no sentido de que desenvolvería unha labor de goberno do Concello que se caracterizaría polo diálogo e que tomaría en consideración a toda a veciñanza, xa que o Partido Popular está omitindo a aquela parte da cidadanía que non aplica o modelo católico na súa vida sexual e familiar.
O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou “esta foi unha demostración de como a cara amable do PP en campaña electoral troca en realidade reaccionaria cando goberna”.