O PP instaura a desigualdade

Estamos a falar dunha serie de cargas impositivas que gravan a toda a cidadanía independentemente do seu nivel de renda, e que non se poden eludir,  pois son pagadas a cambio dunha serie de servizos e prestacións que realiza o concello. Neste senso, Esquerda Unida que o goberno municipal non desenvolva políticas que promovan a equidade social, obviando o difícil contexto actual e que este tipo de medidas agravan a crise pola que pasa a meirande parte da veciñanza desta cidade, fomentando a desaceleración económica ao provocar a baixa do consumo da cidadanía.

O Grupo municipal de Esquerda Unida – os Verdes considera que a inacción do goberno local supón un alento á consolidación e ao crecemento da desigualdade, fomentada polas políticas impositivas do goberno central, que atacan ás rendas das familias en favor das grandes fortunas. Por norma xeral, as grandes fortunas non sómente teñen un trato de favor no deseño dos impostos, senón que ademais logo son normalizadas a través deste falla de progresividade na carga impositiva. O fraude e a escasa contribución de grandes empresas, e das grandes fortunas é compensada a través de impostos aos que todos e todas nos vemos na obriga de pagar, sen que haxa lugar á proporcionalidade de ningún tipo.

Con esta premisa, o voceiro de EU-V, César Santiso, suxire ao goberno municipal a que “introduza políticas que permitan a progresividade na carga impositiva dos coruñeses e coruñesas, para que así todos e todas paguemos en función das nosas posibilidades”. A máxima “tanto vales, tanto pagas” é empregada dun xeito inversamente proporcional, fronte ao que o noso voceiro, sinala que “o porqué sómente o saben o PP e o PSOE, que son os que gobernaron, polo que deberían darlle unha explicación á cidadanía”.

César Santiso salienta que “os nosos gobernantes esquecen por normal xeral a súa función de compensación entre clases sociais. Semella que o goberno municipal quere deixar moi claro que o seu interese prioritario é o de consolidar a clase social para a que goberna, esquecendo en todo momento ás clases populares e á case extinguida clase media”.

Relacionados