O PP mingua a participación cidadá

 

A devandita acción, xunto coa negativa do Goberno municipal a que os coruñeses e coruñesas participen na elección dos días festivos locais diante do clamor veciñal para que San Xoán sexa festivo, a calada como resposta diante das propostas de creación dos Consellos da Mocidade e de Mobilidade para fomentar a participación da veciñanza na toma de decisións do Concello, a falta de diálogo coas asociacións veciñais, a creación do sistema clientelista de concelleiros de barrio ou mesmo a negativa a retransmitir os Plenos do Concello en directo levan a que Esquerda Unida denuncie que o PP pretende minguar a xa escasa participación cidadá na Coruña.

 

Por todos son coñecidos os reprobables incidentes sucedidos en campaña nun mitin do PP entre cooperativistas e simpatizantes dese partido. O grupo municipal de EU-V considera inadmisíbel a actitude do PP chamando á militancia a participares no pleno sobre o Ofimático, situación que puido ter xerado sucesos violentos.

 

Esquerda Unida entende que é moi enriquecedora á asistencia da cidadanía aos plenos, mais so coa intención de facer partícipes aos cidadáns das tomas de decisión do Pleno do Concello, mais semella que as intencións do PP eran outras ven distintas: evitar que a bancada de invitados se enchera de cooperativistas que puideran expresar o seu malestar pola xestión que o actual Goberno está a ter coa paralización do parque Ofimático. Empregar estes medios para intentar calar as voces críticas co Goberno, proxectando unha inexistente sensación de conformidade co Goberno municipal é algo moi criticábel, xa que logo, consideramos un erro chamar aos afiliados para acudir aos plenos nestes termos, polo que esiximos a todas as forzas políticas que non desenvolvan este tipo de actitudes de cara ao futuro.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, manifestou “a chamada do PP á militancia para acudir ao pleno especial sobre o Ofimático fíxose coa intención de impedir a entrada doutros veciños, os cooperativistas”. Ademais, engadiu que “este é o exemplo claro do modelo democrático ao que aspira o PP: deixar de lado á cidadanía. O despotismo político ten que deixar sitio á participación da cidadanía na construción da política local”.

 

Relacionados