O PP non recurrirá a sentenza

os concertos con centros escolares que separan ao alumnado por sexo.

 

Santiago de Compostela, 27 marzo de 2013.- Alternativa Galega de Esquerda celebra a decisión da Xunta de Galicia de non recurrir a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pola que se anulan os concertos que a conselleria de Educación mantiña con colexios que segregan ao alumnado por sexo. Deste xeito, as contas públicas recuperarán os 3 millóns de euros anuais que ían destinados a este partida, cartos que Alternativa Galega de Esquerda esixe se destinen a mellorar o sistema educativo público financiando por exemplo os comedores escolares para que non sexan as familias as que teñan que pagar porque os seus fillos e fillas coman no colexio.

Alternativa Galega de Esquerda xa ten presentado unha serie de enmendas aos orzamentos da Xunta para este ano na que se incluía a supresión non só dos concertos con centros segregadores senón que aposta pola supresión progresiva dos concertos con colexios públicos comezado por aquelas zonas onde se están a pechar unidades públicas e apostando por un sistema educativo universal, de calidade e gratuíto.

 

Relacionados