O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes prestou no último pleno unha moción con motivo do 1 de decembro, día mundial da loita contra a SIDA para reclamar ao goberno municipal o desenvolvemento dunha campaña de prevención de VIH que fomentase o uso do preservativo. Porque considerabamos moi importante abordar este problema de saúde pública con medidas de prevención do VIH, concienciación do uso do preservativo e de realización da proba específica do VIH.
O PP obvia a problemática do VIH, evitando debater no pleno unha moción de Esquerda Unida apesares de ser conscientes de que previndo a infección, non so se evitan dramas humanos, senón que ademais aforrarase o gasto sanitario, pois o custo do tratamento antirretroviral é moi elevado.
O voceiro de EU-V, César Santiso, subliñou que “podo entender, aínda que non compartir, que o goberno local rexeite mocións contra medidas do goberno central por motivos partidistas, pero nunca unha que so esgrime motivos humanitarios e de eficiencia”.