O PP quere fuxir de ser controlado

Santiago de Compostela, 17 xaneiro de 2013.- A vicevoceira de Alternativa Galega de Esquerda, Yolanda Díaz, e o deputado Juan Fajardo, destacaron hoxe  que a verdadeira intención do PP eliminar calquera control externo ou calquer organismo que poida monitorizar as contas e políticas do PP. “O PP lle sobra todo aquello que exerza control sobre o que fan, se puideran tamén eliminarían o Parlamento” suliñou Juan Fajardo durante a súa intervención na comparecencia da presidenta do Consello Económico e Social.

Juan Fajardo acusou ao goberno da xunta de Galicia de utilizar a austeridade como “unha metralleta que dispara contra a xente” destacando as notables diferencias á hora de aplicar os recortes como queda de manifesto nos orzamentos do Consello Económico e Social que, por exemplo, mentres “mantén integramente o obsceno soldo da presidenta que supera os 71.000 euros ou se incrementa o gasto de combustible do coche oficial, contempla redución de salarios para os traballadores”.

O deputado de AGE destacou especialmente a necesidade de que o Consello Económico e Social non só sirva para analizar a posteriori senón que ten que propoñer solucións.

Desde Alternativa Galega de Esquerda se defende a necesidade dunha reestructuración do consello para introducir novos elementos fundamentais na vida económica e social deste país como poden ser as asociación veciñais, de nais e pais, de consumidores, movementos sociais como o 15M ou stop desafiuzamentos, asociación de parados, de estudantes…

Fajardo sinalou asi mesmo a elaboración dun estudio sobre cómo habilitar mecanismos de consulta constante á cidadanía sobre as accións do Parlamento e do goberno da Xunta xa que “un goberno debe ser lexitimado durante toda a lexislatura pola súa acción continúa e non só unha vez cada catro anos”.

Na comparecencia da presidenta do consello Consultivo de Galicia a vicevoceria do Grupo, Yolanda Díaz, reiterou a súa oposición contraria aos recortes sobre todo en órganos fundamentais de control da legalidade tanto na fase previa no referido a normativa como na xestión pública. Así mesmo compartiu a advertencia da presidenta do consello consultivo relativo a necesidade de apostar pola democracia participativa  e criticou o intento de censura por parte do goberno. Por último, a vicevoceira salientou a importante labor realizada polo consello Consultivo de Galicia coa elaboración dun total de 732 informes o ano pasado. Yolanda Díaz rematou a súa intervención suliñando que se trata dun “organismo básico para garantir a legalidade sobre todo en materia de contratación”.

 

Relacionados