O PP vela polo secto privado:Povisa

Eva Solla, denuncia que este acordo demostra unha vez máis os verdadeiros obxectivos que persegue do Partido Popular na Xunta de Galicia que non son outros que continuar a velar polos intereses e beneficios das empresas privadas mentres aniquila o público. A Lei de garantías aprobada recentemente en solitario polo PP non é máis que outro engano xa que pese a que o goberno galego aludía á libre elección de centro para os pacientes a realidade é que opten pola opción que opten o goberno galego asegurouse xa que os privados non sufrirán a máis mínima perda económica.

Así mesmo, vaise permitir a Povisa seleccionar os doentes que lle sexan máis rendibles economicamente mentres a sanidade pública ten que cargar cos maiores custes aos que se suman os 75 millóns de euros anuais deste novo convenio e o custe de produtos farmacéuticos que se pagará a maoires. Por outra banda, os gastos de construción e o canon anual que se deberá pagar pola privatización do novo hospital de Vigo serán tamén sufragados con orzamento público.

O Partido Popular deixa as claras unha vez máis as súas prioridades á hora de investir os cartos públicos apostando polas grandes empresas e atacando á cidadanía con continuos recortes e castigando aos doentes a copagos inasumibles para moitos deles na grave situación de crise económica na que se atopan grazas as políticas austericidas dos gobernos populares.

Relacionados