O “AVE galego”

Santiago de Compostela, 20 de agosto de 2013.- O Auto do Xulgado do penal de Santiago, polo que estima a concorrencia penal dos responsables das condicións de seguridade do tramo ferroviario donde aconteceu o accidente do pasado 24 de xullo, AGE precisa o seguinte :

1.- O Auto do Xulgado, aínda en fase preliminar de dilixencias previas, evidencia a realidade de que as causas do accidente non poden limitarse unicamente ao maquinista senón que concorren tamén as reponsabilidades penais dos responsables da infraestrutura de seguridade da rede ferroviaria.

O Auto, nun fundamento xurídico segundo de claridade meridiana, pon de manifesto o que AGE dixo desde o primeiro momento : a rede non tiña as condicións axeitadas de seguridade e sinalización que poideran ter evitado as fatais consecuencias do accidente.

Pero tal fundamento xurídico do Auto coñecido hoxe obriga necesariamente a concluir que son responsables de tales deficiencias os máximos responsables de ADIF-Renfe así como tamén os responsables políticos do cambiazo do AVE galego. É evidente que o bipartidismo PP-PSOE trata de ocultar o “cambiazo” de AVE galego, que se vendeu como tal, cando non o era. Queda acreditado que foron decisións políticas, primeiro no 2010, co PSOE  e dispois co PP as que determinaron o cambio de ancho de vía (de UIC a ibérico), a non implantación efectiva  do sistema ERTMS (que si estaba previsto no proxecto do 2009), os trens híbridos e as deficintes condicións de sinalización.

Cambiazo que consta acreditado nas intervencións dos máximos responsables de ADIF e Renfe do día 8 de agosto e da ministra de Fomento do día seguinte, no Congreso, razón que é a que xustifica que o Xuiz solicite copia formal das súas intervencións e que aventura, con total seguridade, nova imputacións penais por elevación de responsabildiade política e de xestión.

A Comisión de Investigación no Parlamento de Galiza e o persoamento do Parlamento de Galiza no proceso penal son cada vez máis urxentes e necesarios. Non só está en xogo a reparación das vítimas e das súas familias senón tamén as condicións de seguridade da rede ferroviaria galega.

Relacionados