O río Mesoiro sen financiamento

Dous dos destinos que polo seu volume económico resultan máis relevantes neste expediente de modificación de crédito son a financiamento da regata “TALL SHIP RACE” que suporá un gasto para a cidade duns 400.000 euros e tamén unha transferencia de outros 500.000 euros para o Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Un dos proxectos que se recortan ao obxecto de financiar o expediente de modificación de crédito é o “Acondicionamiento Medioambiental del cauce del río Mesoiro”, que ve diminuído o seu financiamento  en 92.000 euros.

Todos sabemos que o actual Presidente do Goberno, Mariano Rajoy, felicitou no seu momento aos dirixentes do Partido Popular de Valencia, Francisco Camps e Rita Barberá polo excelente traballo que segundo el estaban a facer coa economía de Valencia, baseada en grandes eventos como a Copa América e a Fórmula 1, e poñéndoos como exemplo do que o Partido Popular faría no resto de España.

En Esquerda Unida – Os Verdes pensábamos que era evidente para todo o mundo que o modelo económico que recorta en investimentos básicos para organizar festas non é sostible e o seu resultado final consiste na ruína económica e social. Pero parece isto é evidente para todos menos para o Goberno Municipal do Partido Popular que está a recortar no proxecto de rexeneración de un río contaminado para pagar festas.

O Grupo Municipal de Esquerda Unida – Os Verdes quere deixar clara a súa postura de censura ao expediente de modificación de crédito que vai a recortar en un investimento medioambiental que melloraría de modo permanente a calidade de vida da veciñanza para financiar unha festa de uns días de duración da que so nos quedará o recordo.

 

Relacionados