Editamos 3.000 exemplares que están sendo distribuídos con rapidez, xa que en quince días imos a editar un novo boletín con máis asuntos de denuncia e reivindicación sobre os incumplimentos das obrigas das administracións para coa cidadanía (urbanismo, vivenda, servicios sociáis, emprego, sanidade, ensino, política impositiva etc…); de explicación e balance do noso traballo municipal na oposición a un goberno local falsamente de esquerda; e para seguir animando e organizando o enfrontamento contra as reaccionarias e antiobreiras políticas do Goberno P”SO”E e do PP. Antes de que cheguemos propiamente á campaña electoral das eleccións municipáis agardamos como mínimo ter editado tres números de O Roxo. O noso obxetivo nesa cita electoral é claro: doblar o número de concelleiros/as e pasar a ter seis, co que podemos esixir aos outros partidos que se definen de esquerda que apoien a investidura de Juan Fajardo como Alcalde ao servicio do pobo traballador.