O pasado 12 de agosto, Esquerda Unida e o Partido Comunista de Galicia presentaban nos xulgados de Vigo un escrito solicitando a reapertura da querela criminal contra o rei emérito solicitando polo tanto que este poidera “ser xulgado polos seus actos entre os que están sete supostos delitos de: suborno, delito contra a Facenda Pública, administración desleal, fraude e exaccións ilegais, tráfico de influencias, constitución de grupo criminal, blanqueo de capitais, encubrimento, ameazas de morte condicionais, descubrimento e revelación de segredos, omisión do deber de perseguir delitos ou corrupción entre particulares”.
Esquerda Unida vén de recibir a resposta da Sala Segunda do Tribunal Supremo presidida polo maxistrado Manuel Marchena Gómez, na que se traslada a devolución do escrito presentado pola organización escudándose no idioma como motivo de devolución e polo tanto da non reapertura da querela criminal presentada contra os delitos cometidos polo rei emérito, Juan Carlos I.
A coordinadora de Esquerda Unida Eva Solla considera que “o motivo argumentado pola Sala Segunda do Tribunal Supremo supón unha vulneración de dereitos lingüísticos e unha interpretación terxiversada do contido do artigo 231.4 da LOPJ” ao que o propio Tribunal fai referencia no seu escrito. “O galego é lingua oficial de Galicia e ten plena validez e eficacia” na xustiza segundo explicita o propio artigo citado, polo que resulta “unha decisión interesada e amparada nunha falta de respecto á legalidade para evitar a reapertura da querela criminal contra o rei Juan Carlos I”.
Esquerda Unida denuncia que unha vez máis o galego supón unha traba para a xustiza incurrindo así nunha vulneración dos dereito linguísticos da cidadanía galega a expresarse na súa lingua recoñecida polo artigo 231.4 da LOPJ. á vez que supón unha interpretación terxiversada da mesma por parte da sala segunda do Tribunal Supremo faltando ao respeto da legalidade de expresarse na lingua da Comunidade Autónoma.