Esquerda Unida leva as demandas da veciñanza do Ventorrillo ao Pleno do Concello da Coruña. Logo do desenvolvemento dunha exitosa asemblea na que se contou coa inestimábel colaboración da Plataforma do Ventorrillo.
O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes desenvolveu 14 iniciativas plenarias consensuadas cos veciños e veciñas do ventorillo na súa asemblea de barrio. O bloque principal son preguntas escritas con distintas denuncias e propostas que xa se fixeron públicas e que o goberno municipal debe contestar antes do desenvolvemento do Pleno de outubro, máis tamén haberá unha pregunta oral, coa intención de debater sobre a situación do barrio e da intención do goberno local en canto a resolución dos problemas do barrio.
Asemade, presentouse unha moción coa proposta de incluír na orde do día da próxima reunión da Xunta Local de Seguridade o tema do tráfico de drogas na zona do Ventorrillo e que esixa á Delegación do Goberno, na devandita reunión, o deseño e execución dun plan coordinado de erradicación do tráfico de estupefacientes na zona. Logo de que durante décadas os gobernos municipais do PSOE mantiveron unha postura de inacción e indiferenza ante a existencia do poboado chabolista de Penamoa, coñecido como o maior supermercado de drogas do noroeste. E agroa, durante o primiero ano de goberno, o PP manteña a mesma política de desatención cara uns veciños e veciñas que levan anos desesperados.
O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “a veciñanza do Ventorrillo leva décadas esquecida tanto polo actual goberno do PP, como os anteriores do PSOE, é de xustiza que neste pleno sexan os protagonistas”.