Ante o veto do parlamento

Alternativa Galega de Esquerda considera intolerábel que o Partido Popular, a través da presidenta da Cámara, secuestre a institución que representa a soberanía popular.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2013.- Os tres grupos da oposición –PSdeG, Alternativa Galega de Esquerda (AGE) e BNG- abandonan o pleno de debate de Orzamentos logo de que Pilar Rojo non rectificase o seu veto á presenza de cidadáns no Parlamento de Galicia e prohibise a entrada aos convidados dos partidos que non son o PP. Só asistirán á sesión os portavoces de cada partido. Para Alternativa, é intolerábel que a dereita, a través da presidencia da Cámara, secuestre a institución que representa a soberanía popular. “Os cidadáns que están aí fóra son tan cidadáns como calquera membro desta Cámara e son os que detentan a soberanía popular”, lembrou o portavoz de AGE, Xosé Manuel Beiras, “e o seu veto é unha falta de respecto inconmensurábel”.

Ás portas do Hórreo, en Santiago, numerosos colectivos protestan pola agresión das políticas da dereita rodeados dun despregamento policial absolutamente desmesurado. Os parlamentarios de AGE estarán con eles ao longo da mañá.

 

Relacionados