O xantar solidario de Sogaps homenaxea o traballo do Intergrupo Paz co Sáhara

Esta fin de semana tivo lugar o xantar solidario de Sogaps, onde se destacou o labor da delegación do Intergrupo Paz co Sáhara, do Parlamento de Galicia, ao longo de toda esta lexislatura. Esta delegación galega fora expulsada de El Aaiun sen tan sequera deixar que baixaran do avión e observar como se atopa o pobo saharaui.

Dende Esquerda Unida, destacamos o traballo das persoas que forman Sogaps, xa que grazas ao programa ‘Vacacións en Paz’ 4.500 nenos e nenas saharauís veñen a España a pasar os meses de verán. E tan só é a punta do iceberg do seu traballo.

A todas elas, moitas grazas por este fermoso día.

Relacionados