Obra abandonada na rua Arenal

 

Esquerda Unida esixe ao Concello que aplique as medidas oportunas para resolver a situación de abandono que sofre o inmoble do nº 15 da rúa Arenal, un inmoble que se estaba a construír e dende vai anos atopase parado, acumulándose refugallos e restos de comida que a veciñanza vota aos gatos o que produce malos olores e podredumbre que atrae a moscas que logo se introducen nas casas dos edificios próximos. Asemade debido a que non dispón de cerramentos verticais o inmoble é utilizado por toxicómanos que botan ao chan as xiringas usadas, as latas de bebida, así como os envoltorios e restos de comidas, ademais de facer as súas necesidades.

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes preguntará ao Goberno municipal porque razóns aínda non se actuou contra esta situación irregular e insalubre que produce graves molestias aos veciños, habida conta de que os veciños e veciñas, como nos ten denunciado, están cansos de  denunciar verbalmente a situación e incluso con anterioridade, en novembro de 2011, rexistraron varias denuncias en relación coa devandita situación sen recibir resposta por parte do Concello.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou “a veciñanza de Monte Alto está a sufrir a desidia do Concello e a observar como unha vez máis, na Coruña, os promotores teñen total impunidade. Solidarizámonos cos afectados, comprometémonos a defender os seus intereses e a tentar resolver o problema”.

 

Relacionados