Obra da Avenida de Fisterra

Esquerda Unida denuncia que a permisividade do goberno municipal cunha obra na  Avda. Finisterre pon en perigo aos viandantes. Trátase dunha obra que comezou fai dous anos no cruce coa Rúa Jorge Borrow e leva moito tempo paralizada ocupando a beirarrúa e obrigando aos peóns a pasar pola estrada. Así, logo de que nos alertara do feito a veciñanza de Santa Margarita, unha equipa de EU desprazouse até o lugar é observou como a obra atópase en estado de abandono, porque tan so comezouse a facer a cimentación, para o cal houbo que apuntalar o edificio contiguo. Como a zona é de canteira e contía unha fonte natural o resultado é que agora hai unha piscina, mais non precisamente municipal…

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes, mediante unha iniciativa plenaria, insta ao concello a que acometa as accións necesarias para resolver a actual situación de inseguridade e mala imaxe, pois dado o abandono o valado protector da obra caeu e nunca se repuxo, permanecendo tirado na rúa, está situación deixa ao descuberto o precipicio que remata na charca de auga que se formou.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “gustaríame saber porque o PP non obriga á empresa construtora a repoñer o valado de seguridade da obra e a beirarrúa arrebatada á veciñanza durante dous anos”.

Relacionados