Obradoiro paseo marítimo

Esquerda Unida propón que un obradoiro de emprego se encargue de substituír a baranda do paseo marítimo por gradas. Así, transformaríase un gasto innecesario nun investimento social, pois non so se acadaría unha nova imaxe en parte do paseo marítimo e unha nova zona de estancia para goce da praia por parte dos cidadáns ao tempo que se mellora a accesibilidade ás praias, senón que a actuación serviría tamén para mellorar a situación económica de moitas familias coruñesas.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes considera que con esta iniciativa poderíanse beneficiar máis de 200 coruñeses desempregados que acadarían formación e emprego a tempo parcial. Semella necesario converter as actuacións municipais en oportunidades para os coruñeses e coruñesas, a creación dun obradoiro de emprego non so permitiría capacitar a persoas desempregadas, senón que ao mesmo tempo que se lles brindaría unha posibilidade de achegar cartos as castigadas economías familiares que disporían de máis recursos o que incentivaría o consumo interno, axudando a reactivar a economía local.

Con este tipo de iniciativas o concello pode converter gastos innecesarios nestes momentos de crise, en investimento social que incida positivamente na economía coruñesa, en lugar de agasallar con cartos a grandes empresas que en contadas ocasións invisten os seus beneficios na Coruña. Non cabe dúbida que os cartos que reciben os coruñeses e coruñesas participantes nun obradoiro de emprego local, reverten integramente na economía da cidade, pechando así o ciclo económico local.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “trátase de vontade política, coa nosa proposta o concello actuaría en favor da maioría social, mais temémonos que o PP so pretenda adxudicar a actuación a unha grande empresa, para que se beneficien os de sempre”.

Relacionados