Obras Avda. do Pasaxe

 

Nesta ocasión veciños das Xubias, alertaron ao noso grupo municipal do desenvolvemento dunhas obras que se están a executar de forma irregular e, ademais, causan molestias a veciñanza, algo que puideron comprobar os membros da nosa organización.

 

Esquerda Unida denuncia que as obras da Avda. do Pasaxe están a poñer en risco a seguridade da veciñanza, así as obras desenvolven sen ningunha medida de seguridade, invadindo toda a beirarrúa e obrigando aos peóns a pasar pola calzada poñendo en risco a súa integridade, situación que se agrava debido a que a estrada é sumamente estreita. Asemade, a rúa atópase embarrada e os sumidoiros atascados derivados dos traballos que se están a desenvolver.

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes preguntará ao Goberno municipal si coñece esta irregular situación e si ten pensado actuar contra os infractores, porque no lugar tampouco aparece ningún cartel onde se especifique a actuación que se está a realizar nin o número de licenza, si é que esta existe.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “antes foi en Penamoa, Castrillón, Os Maios ou o Birloque, agora nas Xubias, os coruñeses poden contar con nos para denunciar as eivas que atopen, nós non lles faiaremos, velaremos polos intereses da cidadanía e cumpriremos coa nosa promesa de ser correa de transmisión da veciñanza no Concello”.

Relacionados