Obras dos orzamenos participativos

 

Constitúe esta petición unha demanda de vello, que dende hai meses o Goberno négase a facer efectiva, poñendo en práctica a súa política contraria á información e transparencia para coa cidadanía e grupos políticos da oposición.

 

“O PP está a gobernar contra os intereses da nosa cidadanía tamén en materia de participación”, limitándoa e suspendendo os OP,s. O certo é que hai un regueiro de queixas cidadás por como se están a desenvolver ás asembleas de barrio, o que deixa en evidencia as eivas democrática do proceso apadriñado e teledirixido polo PP.

 

O concelleiro Javier Galán reclamou na comisión informativa un compromiso do Goberno Municipal coa participación da cidadanía, para desta maneira superar o parón dos orzamentos e desenvolver o regulamento de participación cidadá sen dirixismos e clientelismos. En particular volveu a reclamar a listaxe oficial sobre a situación das actuacións acordadas pola veciñanza nos orzamentos participativos de 2009-10 e o estado de cada unha delas. “Sen información non se pode fiscalizar a laboura do Goberno”, sinalou o edil de EU.

 

Ferrol non é unha satrapía, é unha terra que loitou e vai loitar pola democracia, pola súa estensión e profundización en todos os ordes da vida social, e a participación cidadá constitúe hoxendía unha profundización radical nese proceso democrático. Os teléfonos do PP non van ser quen de derrotar a vontade da cidadanía ferrolá de asumir un papel protagonista na política municipal. EU  compromete o seu traballo para apoiar todas e cantas medidas profunden no eido da democracia participativa.

Relacionados