Tamén presentou unha moción ao concello unha mellora do alumeado público en Camposancos.
-
Pregunta sobre o cartel das obras:
De acordo, e ao amparo do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, Esquerda Unida de A Guarda ante o Concello , desexa someter a consideración do Pleno a seguinte pregunta:
En Camposancos Bº da Pasaxe estanse realizando obras nos arredores das docas, e non existe cartel explicativo das obras.
Quixeramos saber cal é a razón de non facer o arranxo da rampla de fondeo e varado das embarcación da doca do medio.
Lembrámoslle que a rampla mais cerca dos asteleiros e caótica e inoperante.
Dende Esquerda Unida solicitamos:
Colocación do cartel informando: empresa realiza as obras, nº de licenza, inversión ou orzamento das obras que se están realizando.
A Guarda a 27 de marzo 2012
Asd. José Antonio González Morais
-
Moción sobre o alumeado:
De acordo, e ao amparo do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, Esquerda Unida de A Guarda ante o Concello , desexa someter a consideración do Pleno a seguinte moción:
UNIFICACIÓN DO ALUMEADO PÚBLICO EN CAMPOSANCOS
Fronte a entrada do club de tenis Codesal o Concello ten un equipo de medida de alumeado público, a escasos metros ten outro no lateral da casa de Granada.
Dende Esquerda Unida solicitamos:
Que o Concello faga a unificación do alumeado público na zona do Codesal, ante a empresa suministradora de enerxía, dando unha póliza de baixa.
Que faga os cambios na instalación eléctrica co persoal do Concello.
A Guarda a 02 de abril do ano 2012
Asd. José Antonio González Morais.