Obras na avda. de Oza

Para o grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes a proposta do Goberno local de retirar a mediana é unha medida inadecuada, precipitada e un malgasto inaceptábel, máis nestes tempos de escaseza de liquidez.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “a creación do mal chamado corredor verde foi un despropósito do Goberno bipartito, pero a súa destrución por parte do Goberno do PP é aínda un despropósito maior, non se pode actuar compulsivamente, xogando cos cartos públicos que son de todos os coruñeses e coruñesas, calquera actuación deste tipo necesita desenvolverse en base a un plan integral de mobilidade previamente desenvolvido.

 

Relacionados