Obras no Canido

 

Semella escandaloso que se poida defraudar públicamente o asinado nun contrato e que elo non aparelle sanción algunha: pouco edificante e mal exemplo para as obras que veñan no futuro. Esquerda Unida lembra o ronsel de incumprimentos que produciu a empresa Construcción Técnica GSM, a saber, a subcontratación do 100% dos traballos, os impagos á contrata, o envío de traballadores  alleos á plantilla, etc.,; secuencia que non pode quedar impune; alomenos, non debería.

 

Yolanda Díaz reclamou un “basta xa”  ao respeito da impunidade que se paga con cartos públicos e produce trastornos e prexuízos  á nosa cidadanía. O Goberno ten que ser un defensor da veciñanza e deixarse de compracencias coas empresas que incumpren os contratos. Que mensaxe se manda ás vindeiras obras que se realicen na cidade: coa decisión do Goberno a de “todo vale, a condición de que non mo contes”.

 

Doutra banda semella necesario estabelecer un sistema de seguimento e control da realización das obras. Como pode ser que se subcontraten as obras sen que o concello se entere? Que seguemento se fan das obras pagadas con diñeiro público? Os concelleiros e concelleiras están para facer traballo non para facer declaracións, que a maiores restan impotentes respecto a unha realidade de incumprimentos e enganos. Esquerda Unida formulará unha vella  petición nese senso, a de estabelecer un seguimento exhaustivo das obras para garantir o cumprimento dos pregos de contratación.

 

Esquerda Unida pide en resumo firmeza e dilixencia dende a Área de urbanismo para non machacar a veciñanza con prazos incumpridos e perda de diñeiro público.

Relacionados