Observatorio Contratación Pública

O coordenador local de EU Rubén Pérez e o responsable de política municipal Julio Fernández consideran que o xuizo que estos días ten a concesionaria Clece e o Concello e a representación legal dos traballadores e traballadoras do servicio e que en poucos días terá sentencia amosa que non existe nin control nin vontade de facelo sobre a calidade do traballo que xeneran as contratas. Non entendemos, engade Rubén Pérez como pode existir contratos de 8 horas e sen convenio de referencia somentes co salario mínimo nos servicios sociais públicos da cidade.

Para EU a entrada en funcionamento deste observatorio, onde participarían os grupos municipais, as seccións sindicais do concello, os comités de empresa das grandes concesionarias públicas e mesmo o tecido veciñal e asociacións de consumidores, serviría para ter un organismo plural e apartidario de seguemento do grado de cumplimento dos plegos de concesión, algo prácticamente inexistente na actualidade na nosa cidade e deixado ao arbitrio do concellerio da área correspondente.

EU considera excesivamente precario e fóra dos criterios mínimos de correspondencia cos convenios colectivos existentes o emprego que está a xenerar o Concello de Vigo. EU recibe sistemáticamente denuncias de traballadores e traballadoras pola situación laboral que empresas privadas, pero tamén entidades sociais, están xenerando unha vez consiguen contratos ou concesións públicas.

 

Relacionados