Observatorio convivencia escolar

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2013.- A Alternativa Galega de Esquerda (AGE) preocúpalle reducir as situacións de conflito e o deterioro do clima convivencial nos colexios. Por iso, a través do seu deputado Xabier Ron, vén de preguntar á Consellaría de Educación pola parálise do Observatorio Galego de Convivencia Escolar, órgano creado en 2007 e que debera encargarse de vixiar estas cuestións. “Existe un acordo unánime na comunidade educativa”, sinala Ron na súa pregunta oral para resposta en pleno, “en torno á importancia da procura dun clima de convivencia que propicie o axeitado desenvolvemento dos procesos de ensino e aprendizaxe”.

Con este panorama, e logo da aprobación unilateral polo PP dunha Lei de convivencia e participación da comunidade educativa –a mesma que habilita a aberrante consulta ás familias sobre a lingua- que nada di sobre o observatorio, Alternativa interroga ao Goberno galego sobre se este organismo está cumprindo as funcións para as que foi constituído, se xuntou o número de veces que prescribe o seu decreto de creación ou se elaborou os informes semestrais aos que está obrigado.

 

Relacionados