tanto por anteriores gobernos locais como polo actual, con empresas do grupo Vendex, investigada no marco da operación Pokemon, coa fin de pescudar si se cometeron irregularidades na súa adxudicación.
Esquerda Unida propón un convenio coa Universidade para a creación dun Observatorio Municipal de Contratación Pública. EU reclama un papel protagonista para a USC como avaliadora independente dos contratos de Concello a través dun convenio que permitiría contar cun capital humano independente que garante a transparencia, a correcta concorrencia en igualdade e a integridade do sistema de contratación pública. Permitiría tamén establecer pautas para a eliminación de malas prácticas como os contratos a dedo e os concursos ad hoc, que son norma nos gobernos de Negreira ao igual que o foron durante o vazquismo. O órgano que estaría formado por técnicos municipais e da USC, así como con un representante de cada grupo municipal.
Para o grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes as contratacións deben estar baixo a supervisión dun grupo de expertos en economía do ben común, RSC, sustentabilidade medioambiental e cumio do petróleo que en coordinación co servizo de contratación e os técnicos de cada departamento demandante, exploren todas as posibilidades que permite a Lei de Contratos do Sector Público para que o propio mantemento dos servizos necesarios na cidade, incidan positivamente sobre a economía local de maneira limpa e transparente. Pois a contratación pública supón un 18% da nosa economía e hai motivos suficientes polos que non podemos aforrar en controis sobre a correcta administración do diñeiro dos contribuíntes, tanto dende o punto de vista da estrita legalidade como dende o punto de vista da integridade política.
O voceiro de EU-V, César Santiso, afirma que “ante a expansión de escándalos como o da Pokemon, o Goberno municipal ten a responsabilidade de aprobar medidas que combatan á corrupción. A veciñanza ten cada día unha peor percepción da política a consecuencia da lentitude e da baixa intensidade das accións penais contra os actos de corrupción, así como da expansión de escándalos nas que hai institucións clave do Estado involucradas. Agardamos que as investigacións contribúan a rematar coa impunidade dos corruptos, e que os Gobernos establezan controis que imposibiliten calquera tipo de fraude presente e futuro”.